O II Campus Mixto de Fútbol Sala e Fútbol Basee de Cangas del Narcea, que se celebrará entre o 20 e o 25 de xullo, xa abriu o prazo de inscrición. O clínic asturiano, organizado pola Fundación Imdecum e coordinado polo ex xogador do CD Burela FS Pescados Rubén Juanma Marrube, volve ofrecer unha axenda ampla e variada para non rexeitar.
Todos aqueles rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos que queiran gozar do deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poderán reservar a súa praza ata o mércores 15 de xullo (prazas limitadas). A folla de matrícula estará a disposición das persoas interesadas no Concello de Cangas del Narcea e na sé de Imdecum en Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, Burela). A través do correo campusmixtofutbolsala@gmail.com tamén se ofrecerá toda a información solicitada, así como o formulario de inscrición.
Tarifas
O prezo da matrícula será de 180 ou 340 uros con media pensión ou pensión completa, respectivamente. As familias que apunten a máis dun rapaz ou rapaza terá un 20% de desconto a partir da segunda matrícula e o alumnado da SD Narcea e ED Burela FS terá un 10%.
A organización contempla a posibilidade de habilitar un autobús gratuíto para o desprazamento desde A Mariña no caso de que haxa demanda suficiente.
Regáloche este Campus
Tamén se pode adquirir a tarxeta “Te regalo este Campus” para que o neno ou nena a reciba no seu domicilio.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
