A Executiva de Compromiso por Galicia de Burela demanda do goberno de Burela “a inmediata actuación de poñer as dotacións necesarias nos nosos areais, facéndonos eco de peticións de varios veciños e veciñas”. Cren que “non é de recibo que a 20 de xuño as nosas praias esteñan sen ningún tipo de dotación, máxime cando en concellos limítrofes, coma Cervo, xa levan 15 días”.
Polo tanto “recordamos ó Sr. Llano que sendo xa alcalde electo, se comprometeu a conseguir os sellos de calidade ISO 14001 e EMAS. Entendemos que a súa filosofía “castrexa” de tranquilidade non entenda de prazos, pero os días pasan de igual forma e Burela necesita de xestión, non de reparto de competencias e dedicacións”.
Do mesmo xeito demandan da Deputación de Lugo “o adecentamento do paseo peonil da estrada da costa, xa que na actualidade parecese máis a unha ruta de “planeta Calleja” que a un paseo”.
“Igual nos adiantamos, e o Sr. Alcalde non lle tocou pateo nesta zona, pero nós temos un Compromiso con Burela que pensamos cumprir”.