Burela, 11 de xuño de 2015.- Este xoves procedeuse á constitución da agrupación local de Compromiso por Galicia. Contaron para iso coa presencia do Secretario Xeral de Compromiso, Xoan Bascuas, e dous membros máis da executiva galega.
Na próxima semana escollerase a Executiva Local e comenzarase a labor de oposición e control, presentando no Concello un escrito con 5 iniciativas de transparencia que consideran oportunas para Burela. Comenzarán tamén unha labor de afiliación.
Na mesma reunión, valorouse a creación dunha estrutura comarcal, e xa dende agora están comprometidos nesa tarefa. Do mesmo xeito anunciaron que logo do verán, todavía sen data, organizarán en Burela un foro sobre a PPC da Unión Europea con presenza da eurodiputada Izaskun Bilbao, e membros de Compromiso con responsabilidades en Confrarias de Galicia, para falar dun sector que supón o 20% do PIB de Burela.