Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela achegáronse o venres 29 de maio ata Mondoñedo para visitar a Cova do Rei Cintolo nunha actividade organizada polo departamento de Bioloxía. Acompañados por Montse Freire, profesora de Bioloxía; Manuel Vilariño, profesor de Matemáticas e Mª José Fernández, profesora de Educación Física visitaron a cova máis grande de Galicia, con case sete quilómetros explorados e máis de quince quilómetros de galerías. Trátase dun sistema cárstico, formado como consecuencia da disolución das rochas calcarias, que puideron coñecer baixo a guía de Abel Vigo. Durante algo máis dunha hora e media percorreron 300 metros dunha galería ata descender ata a sala de choivas e volver á actual entrada á cova.
