A Asociación Pasada das Cabras de Burela, ten previsto celebrar o vindeiro sábado 27 o DIA DO SOCIO cunha ruta que vai dende a Serra do Buio ata o Monte Castelo de 8 quilómetros e dificultade baixa. Xuntarémonos ás 10.00 horas na explanada do peirao para desprazarnos en autobús ata o punto de partida da ruta. Ó chegar ó Monte Castelo haberá unha comida gratuíta para todos os camiñantes ademais de sesión vermú, queimada e baile. Para participar é imprescindible recoller o tícket en Gráficas Arfe antes do xoves 25 ás 13.00 horas.
Día do Socio de Pasada das Cabras en Burela
Día do Socio de Pasada das Cabras en Burela
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo