Non é a primeira vez que nos referimos a George Borrow, coñecido por “don Jorgito el Inglés” escritor, políglota, traductor e aventureiro, que vendía biblias protestantes polos camiños do mundo; foi un personaxe peculiar. Autor de “La Biblia en España” acadou grande popularidade. Nela relata as vivencias viaxeiras pola España de 1837. Borrow entrou en Galicia no verán dese ano polos montes do Bierzo; cruzou o Cebreiro e percorreo o norte que deixou por Ribadeo, rumbo a Asturias. O andarín coñeceo unha Galicia atrasada e incomunicada, de millón e medio de habitantes, na que teimou en levar a Biblia ata os fins da terra. Don Jorgito atopou a Lugo pequeno, cuns seis mil habitantes. A súa estadía durou unha semana e logo colleo rumbo á Coruña nunha dilixencia con escolta de soldados: foi a Betanzos, Compostela, Padrón, Pontevedra, Ferrol… a Viveiro, Foz -onde pernoctou- e Ribadeo. Descrebe as costumes, o temperamento, a cultura, política e relixión das xentes e os moitos prexuizos que tiñan. Gabou a paisaxe e chegou a decir que, aínda sendo moita a miseria , non era culpa da terra senon dos homes.
Conta nun artigo María Victoria Armesto que na época de don Jorgito un tal señor García, notario en Pontevedra ,estaba convencido de que ésta era a mellor cidade de España. George Borrow coñeciao e foi ao seu despacho a venderlle unha Biblia. O notario díxolle: “Eses tipos de Vigo andan dicindo que a súa cidade é mellor que a nosa e que Vigo debería ser a capital da provincia.¿Pasaríalle polo maxín a vostede comparar a Vigo con Pontevedra?”..”. Eu non lle podo contestar porque nunca estiven en Vigo, pero oín dicir ca súa bahía era a mellor do mundo”, respostou don Jorgito. “De acordo, meu señor,- asentiu o Sr. García, pero ¿quere decirme para qué se necesita unha bahía?” Comentou don Jorgito que endexamais coñecera un país de tan feros localismos. Se o trotamundos voltara pola bisbarra – o que nunca sucederá- ¿ qué pensaría de nós ao constatar que nos preto de 200 anos dende a súa anterior estadía moitas das mentes manteñen idénticas estructuras mentais?. Nós non apeamos: “o noso é o noso”, que dí o coñecido anuncio, e non vaia se-lo demo…




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



