Un novo grupo de lucenses comeza este luns a recibir formación gratuíta coa que iniciar a súa actividade empresarial a través do obradoiro “Motivación e xeración de ideas” do III Campus de Emprendemento Sostible da Deputación. É a programación que xera emprego e combate o despoboamento demográfico no rural, pois impulsa a posta en marcha de novos negocios nos 29 Concellos da provincia que forman parte das Reservas da Biosfera Terra do Miño e Os Ancares Lucenses.
Dende este e ata o mércores, de 16.00 horas a 20.00 horas, os emprendedores recibirán clases teóricas no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado na capital luguesa. O xoves, visitarán empresas consolidadas para coñecer de primeira man as súas experiencias. Trátanse dos seguintes establecementos:
– “Aldea da Fraga”, en Xermade. Traballarán a diversificación empresarial, pois coñecerán a experiencia dun torneiro que puxo en marcha unha casa de turismo rural onde fai demostracións do seu traballo artesanal e ofrece talleres de torneado.
– “Idoia Cuesta”, na parroquia de Cela, en Outeiro de Rei. Abordarán a innovación, a creatividade e o marketing, posto que Idoia é unha recoñecida profesional na aplicación das técnicas tradicionais da cestaría no téxtil, que colabora con prestixiosas firmas de moda.
– “Xaneco”, en Outeiro de Rei. Tratarán a especialización, coñecendo o caso deste profesional que converteu unha afección no seu traballo, vivindo hoxe da construción de instrumentos musicais.
– “Pepa de Bonxe”, en dita parroquia de Outeiro de Rei. Como se crea e se consolida unha marca, e que importancia ten esta no ámbito profesional. Serán os temas que abordarán na visita a este destacado establecemento de cerámica.
Rematas as clases teóricas e as prácticas desta semana, os emprendedores recibirán titorías individuais no Campus da Deputación para asesoralos, contribuíndo, deste xeito, á posta en marcha dos seus negocios.
Máis obradoiros
A Deputación ofrece máis obradoiros gratuítos co III Campus de Emprendemento Sostible. Uns son para primeiros emprendedores e outros para consolidar ou mellorar os seus negocios. Terán lugar nos meses de setembro e outubro na capital luguesa ou ben nalgún dos 3 municipios que integran a Reserva dos Ancares Lucenses (Becerreá, Cervantes ou Navia de Suarna). Xa está aberto o prazo de inscrición no teléfono 982-227-812 e na páxina web www.deputacionlugo.com, onde se pode acadar máis información.
Creadas 10 novas empresas
Grazas ás anteriores dúas edicións do Campus de Emprendemento Sostible da Deputación creáronse, polo de agora, 10 novas empresas, relacionadas coa agricultura ecolóxica, gandeiría ecolóxica, consultoría de obra civil, horticultura, educación ambiental, explotación ecolóxica, turismo rural e produción artesanal. Trátanse das primeras que están en funcionamento, posto que o organismo provincial continúa a prestar asesoramento aos participantes nos pasados obradoiros para tamén poñer en marcha os seus establecementos.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



