Viveiro, 4 de xuño de 2015.- O primeiro sábado de xuño, como vén sendo habitual dende 2013, ano en que chegou a Viveiro a nova talla da Nosa Señora do Camiño da Luz, que desfila na procesión do Vía Lucis o Domingo de Resurrección, celébrase a festividade da devandita advocación. Por iso a Irmandade das Sete Palabras de Viveiro organiza na Igrexa Conventual das Madres Concepcionistas unha Celebración da Palabra que estará a cargo do sacerdote da Unidade Pastoral de Viveiro, D. Xosé Román Escourido Basanta, asistente da Irmandade. O devandito acto comezará ás 20.30 h. e durante este realizarase unha ofrenda floral á Virxe, asi como se proclamarán as Sete Palabras desta. Están invitadas todas as persoas que desexen asistir. Ao final do acto compartirán un ágape, acompañado dun viño español.
