Foz, 11 de xuño de 2015.- “Foz,Plataforma de Futuro” vimos de celebrar unha asamblea de urxencia con todos os seguidores desta Plataforma.
Nesta asamblea se deu comunicado aos seguidores do contido da reunión que o pasado mercores se celebrou na sede do BNG a tres bandas, entre o PSOE,BNG e FPF.
Dende FPF transmitíamos a esperanza de esperar a que o BNG tivera a sua asamblea, para que tomara unha decisión sobre o que ía facer o vindeiro sábado na sesión de envistidura, para FPF tomar tamén a decisión definitiva.
Este Xoves o candidato de FPF nos medios de comunicación tamén mantiña unha porta aberta a un pacto de esquerdas no Concello de Foz coa esperanza de que ainda quedaba tempo para seguir falando e negociando, xa que entendíamos que ainda se lle podía dar unha solución a todo esto.
Tamén este Xoves o Secretario Xeral do PSdeG PSOE de Foz facia unhas declaración nos medios de comunicación dando por rotas toda posibilidade de acordó algún,e a maiores atacaba vergonzosamente e dunha forma rastrera ó noso candidato.Entendemos dende FPF preso da sua desesperación vendo como o seu posto político está en xogo, despois de levar ó seu partido ó redículo mais grande dos últimos tempos no seu Concello.
Despois de analizar na asamblea que vimos de celebrar estas rastreras declaracións, tomamos as seguintes decisión:
En primeiro lugar recordarlle ó Sr. Val que o noso candidato dende que presentou a sua candidatura a encabezar a lista de FPF xa manifestou que o seu voto nunca sería determinante para a toma de decisións relacionadas coa sua empresa,xa que non participaría nesas votacións, esto mismo tamén o manifestou en distintos actos públicos e nos distintos medios de comunicación, e a maiores na reunión celebrada a tres bandas o pasado mércores un dos puntos que o BNG planteou era a municipalización dos servicios municipais e a postura do candidato e de FPF foi asumir esa proposta, polo tanto Sr.Val volve a mentir públicamente para salvar a sua mala xestión ó frente do PSOE local, e intentar votar a culpa encima de nós e encima do noso candidato.
O noso candidato nunca recibeu chamada ninguna con respecto ó seu futuro laboral, polo tanto, non entendemos o que dice cando se refire a “conversas que mantivo nos últimos días sobre o seu futuro laboral” polo que lle pedimos que aclare eso o mais rápido posible. O que si que recibeu o noso candidato foron comentarios a través das redes sociais amenazandoi co seu posto de traballo durante a campaña electoral, por parte de xente afín ó Sr.Val.O noso candidato está mui tranquilo polo seu posto de traballo.
Temos que manifestar claramente que FPF despois de analizar todo esto, rompemos todo tipo de relación e negociación co PSdeG-PSOE de Foz, entendemos que en política se poden usar moitas ferramentas para chegar a acordos ou para as diferentes negociacións que poida haber, pero non vamos a consentir as mentiras e as declaracións ratreras de ninguén como fixo o Sr.Val.
Rompemos estas relacións xa que entendemos que esta forma de actuar deste señor,é unha forma de actuar da vella política,unha vella política profesional que non se debe emplear e que FPF sempre dixemos que nos temos outra forma de actuar, outra forma de facer as cousas, e así seguirá sendos empre.
Así mesmo anunciamos que FPF vai presentar unha denuncia contra o PSdeG PSOE de Foz por calumnias e mentiras vertidas contra o noso candidato.Acusacións mui graves que non se poden deixar pasar.E decímoslle ó Sr Val que si ten probas do que dice que o poña no Xuzgado, que é onde se deben poñer e non sólo nos medios de comunicación para crear confusión entre os veciños e intentar con mentiras que desconfíen do noso candidato.
Ós veciños e veciñas do noso Concello sempre lles dixemos que nunca íbamos a vender os nosos votos e así será, aunque o PSOE nos propuxera para darlle a Alcaldía algunha liberación para os nosos Concelleiros, cando FPF sempre defendeu reducir o gasto en cargos públicos e a asignación presupuestaria dos partidos políticos reducila tamén un 20% para crear postos de traballo para os nosos veciños.
E por último decirlle ós veciñós e veciñas do noso Concello que FPF sigue querendo que haxa un gobernó de esquerdas en Foz os vindeiros catro anos, vamos a seguir traballando durante estos días que nos quedan en que eso sexa así,e queremos que haxa un goberno de cinco, no que estea o BNG e FPF.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



