Un centenar de persoas gozaron este domingo 31 de maio en Barreiros co espectáculo “Historias dun ilusionista” do Mago Rafa, un artista polifacético que mesturou humor e maxia con diferentes formas de comunicación. O público participou no escenario nalgúns dos trucos realizados polo Mago Rafa. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro encheuse para disfrutar con esta actuación incluída no programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta de Galicia, e que contou coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.
