CADERNOS DA VIAXE. Diversos partidos (CXG, BNG, EU, Anova…), canda entidades sociais, como Somos Nós, formularon xa a súa proposta para unha candidatura galega de unidade para as vindeiras eleccións xerais. E dun xeito moi maioritario as distintas opinións concordan na necesidade de que a candidatura teña o seu centro de decisión na Galicia e dea lugar a un grupo parlamentario de seu e na altísima conveniencia de que a candidatura se constrúa dende a base social, cun nidio protagonismo da sociedade civil, ao xeito dunha maré galega.
Ocorre que Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos e factor esencial na renovación da axenda política no Estado, quere que as siglas do seu partido estean en todos os colexios electorais, quer en coalición (en Catalunya, Valencia e Galicia), quer sós (no resto do Estado). E semella que poderá acadar este obxectivo en Catalunya, en coalición con ICV, mais non tan doadamente en Valencia, na que os nacionalistas de Compromis ollan con moita desconfianza a primacía que tenta pór Pablo Iglesias.
Na Galicia, a forza desta maré galega, desta plataforma de unidade cívica semella incuestionábel. A unidade é un factor esencial, mais tamén o é o protagonismo social, cívico. Unha maré apoiada por x partidos achega moito máis ca unha coalición de x partidos. Velaí o evidente desenfoque que sofre Pablo Iglesias na súa proposta electoral no que se refire a Galicia.
Esta maré galega vai precisando a definición dun programa de mínimo común denominador moi inclusivo que ha dar resposta aos desexos sociais dunha m,aior transparencia e una mellor gobernanza, xunto con propostas que poñanm a economía aos ervizo das persoas e da sustentabiidade. Pero tamén cara unha proposta de reforma político-constitucional que blinde o noso autogoberno, garanta un financiamento acaído dos servizos autonómicos e locais e lle restitúa Galicia a súa plena capacidade de decisión sobre a súa economía. Como sempre o autogoberno galego é a clave do noso benestar.
A arrincadeira: aniversario do Estatuto do 1936
Este domingo cumpríronse 79 anos dun acto de vontade moi importante: a aprobación por una amplísima mayoría de galegos do Estatuto do 1936. Un plebiscito que nos permitiu acadar ao nível máis alto de autonomía na Constitución do 1978. Estará a sociedade galega do 2015 á altura?



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



