Burela, 15 de xuño de 2015. Nova xornada de limpeza de praias en Burela, organizada pola Aula Medio Ambiental Gaia. Tivo lugar o pasado venres e as monitoras convidaron ás Anpas dos dous centros de ensino a participar.
Desde Gaia sinalan que “con esta actividade as monitoras pretendemos concienciar á poboación do importante que é implicarse na conservación das praias, por iso, cando vaiamos á praia e recollamos a toalla, non debemos esquecernos de levar todos os desperdicios e depositalos nas papeleiras”.
As monitoras de Gaia insisten en que “a nivel mundial aproximadamente 10 millóns de toneladas de lixo chegan cada ano a mares e océanos, sendo os plásticos o tipo predominante de residuo que se encontra no medio mariño, principalmente os envases de plástico como botellas de bebidas e bolsas de plástico dun solo uso. Ademais o sector pesqueiro xera unha cantidade de lixo significativa de artes de pesca (redes danadas, cordas), obxectos relacionados co consumo de tabaco (cabichas) son tamén moi frecuentes, así como os palillos dos bastoncillos. O problema agravase extremadamente coa larga vida útil dos plásticos, os cales se degradan en pequenas partículas que poden entrar na cadea alimentaria ao ser inxeridos polos organismos mariños.O enredo e a inxestión di lixo mariño son as dúas causas principais de mortalidade nos organismos mariños. A nivel mundial, estimase que mais de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano por enredo e inxestión de lixo”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



