Burela, 12 de xuño de 2015.- O alcalde en funcións, José Mª González Barcia, fixo este venres pola tarde balance económico do mandato que remata este sábado á fronte do Concello de Burela. Subliña que os fondos líquidos ascenden, a día de hoxe, a máis de 1.200.000 euros e que a situación económica na que queda o Concello é moito mellor que a atopada no ano 2011.
O rexedor dixo que “a día de hoxe, 12 de xuño, agora mesmo os fondos líquidos do Concello ascenden 1.296.234,11 euros. Do pendente de recadar por parte do Concello, vía impostos, falamos de 2.878.501 euros, dos que 1.613.779,93 euros se corresponden a este año. Agora mesmo hai pendentes de pagar por uns motivos ou outros un total de 114.157,6 euros deste ano, falamos de facturas recoñecidas. E do ano pasado 125.516 euros”.
González Barcia explicou que “ademais hai 131.386 euros en facturas entregadas a través do punto xeral de entrada de facturas electrónicas, o que se coñece como Face, e que haberá que pagar en breve. As facturas que están sen pagar se debe fundamentalmente a que desde o día 29 de maio o Concello está sen interventor. A interventora que había marcha a través dun concurso de traslados e a vindeira semana incorporarase unha nova interventora e retomaranse os pagos. Agora mesmo non se está a pagar nada porque a interventora marchou e a lei impide que un Concello faga pagos se non ha interventor. Do 1 ao 12 de xuño non se puido pagar nada, non porque non haxa fondos no Concello, senón porque non temos interventora, que é a persoa que ten que controlar os pagos. Isto corrixirase a vindeira semana porque, previsiblemente, se incorporará unha nova interventora e poderán reanudarse os pagos”.
O alcalde en funcións lembrou que “cando nós chegamos ao Concello hai catro anos había 1.300.000 euros en facturas sen pagar, pero non había cartos para pagalas. Agora hai cartos para pagar as facturas pendentes, hai diñeiro físico contante e sonante e ademais todas teñen consignación presupostaria, co que o pago está garantido”.
José Mª González Barcia considera que “a situación económica do Concello non é para tirar foguetes, pero é substancialmente mellor que a que nós nos atopamos. No seu momento o Concello gastaba máis do que ingresaba e agora mesmo cumprimos os tres principios que marca a lei: estabilidade orzamentaria, é dicir non gastamos máis do que ingresamos; cumprimos coa lei de morosidade, xa que estamos a pagar a 30 días, segundo datos do Ministerio de Hacienda; e o terceiro factor que estivemos a incumprir ata finais do ano pasado era a regra de gasto, pois ben coa conta xeral de 2014 na man esa regra de gasto cúmprese. Conseguimos enderezar a situación económica do Concello e o que non se pode facer é volver ás andadas. A situación queda corrixida e non se lle debería ocorrer a ninguén empezar a xogar, porque enseguida se pode disparar o gasto”.
No balance realizado hoxe polo rexedor en funcións: “a recadación funciona ben. A contribución urbana, que foi un cabalo de batalla importante, está a ir ben porque a xente está a comprobar que o Ibi non subiu ou fíxoo moi pouco con incrementos que poden oscilar entre 1 e 3 euros, máis ou menos. Conseguimos corrixir coa baixada do Ibi ao 0’4%, que é o mínimo que autoriza a lei, a situación”.
González Barcia insistiu en que “as facturas recoñecidas e pendentes de pago (114.157 euros), correspóndense co asfaltado das rúas Leandro Cucurny e travesía do Porto, co arranxo dos camiños e coa construción da pérgola do parque Rosalía de Castro. Son facturas que están recoñecidas, contabilizadas e pagaranse no momento no que haxa novo interventor. Facturas pendentes de pago, porque entraron desde que non hai interventor no Concello de Burela, son 131.386 euros E logo hai unhas facturas do ano pasado: 125.000 euros.Todas estas cifras teñen consignación presupostaria e hai cartos para pagalas. Nada ten que ver isto coa montoeira de facturas que nós nos encontramos hai catro anos. É unha situación mellor que a que nós nos atopamos. No capítulo de gastos, vendo o estado de execución presupostaria a día de hoxe o Concello conta cun remanente de crédito para gastar de 4.400.000 euros. O orzamento non está esgotado, hai presuposto suficiente para manexar”.
O rexedor tamén se referiu á débeda financieira do Concello: “cando chegamos en xullo de 2011 estaba en 3.019.000 euros e agora queda en 1.380.000 euros. Reduciuse máis do 50%. Aínda tendo en conta o préstamo de 1.100.000 euros para afrontar o pago anticipado a provedores, a débeda é inferior á atopada ao chegarmos nós ao Concello”.