Viveiro, 15 de xuño de 2015.- O pasado domingo celebrouse na localidade ourensá de Esgos, o Campeonato de España de Carreiras de Montaña, onde o equipo viveirense estivo representado na categoría de veteráns por 7 atletas. A distancia a cubrir era de 13 km para a categoría masculina e 8 km para a categoría feminina. O percorrido foi a subida ás Rochas- O Eirado, que foi un éxito a todos os niveis.
Destacando entre os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro a Antonio Cabana, que se proclamou campión de España na categoría M-75, cun tempo de 1:29:05. Os seu compañeiro Eliseo López acadou a medalla de bronce na categoría de M-60; tamén foi medalla de bronce o seu compañeiro Emilio Martínez en M-50. Na categoría de W-40 no apartado femenino, Luisa López obtivo o subcampionato de España.
Os demáis atletas de Egovarros tamén realizaron unha excelente carreira.
Remataron a proba 277 atletas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
