O Atlético Féminas Navalcarnero revalida o título de campión da Copa de España tras impoñerse por 6-3 ao Burela Pescados Rubén. A escuadra mariñá compensou os seus escasos efectivos con orgullo e alma aínda que as colchoneiras manexaron o guión dunha película con final feliz para as anfitrioas.
A posta en escena da final mostrou un Burela Pescados Rubén seguro e con maior mordente ofensiva que a escuadra colchoneira. Tras un par de serios avisos das burelás, Maite protagonizou a mellor ocasión pero o pau impediu o tanto. Dentro da igualdade reinante, as mariñás xeraban maior sensación de perigo ante un Futsi que aumentaba a súa intensidade co paso dos minutos e tras superar o ecuador logrou situarse por diante cun tanto de Natalia (1-0). O gol confirmaba a melloría roxiblanca mentres o Burela acusou o golpe e non puido evitar que as anfitrionas aumentasen a súa renda. Ari marcou o 2-0, minuto 16, tras unha boa acción de Ju Delgado e con este marcador chegouse ao descanso.
Na continuación o Burela Pescados Rubén non se resignou ante o dominio roxiblanco e nun gran contragolpe Peque recortou distancias (2-1). O gol de Peque revitalizou os ánimos mariñaos pero a resposta do campion non se fixo esperar e Peke aproveitou un despexe curto de Jozi para situar o 3-1. Remando contra corrente, as burelás volveron dar mostra do seu orgullo superando a defensa madrileña pero atopando o muro de Belén. A porteira roxiblanca evitou que o Burela se achegara no marcador con tres intervencións de mérito ante Bea e Peque por partida dobre. Tras esta fase de apuro, o Futsi mostrou a súa calidade colectiva cunha bonita combinación que Leti certificou en gol (4-1), minuto 29. Este marcador xerou moita tranquilidade ás madrileñas que dominaban con claridade así que o Burela buscou con porteira xogadora, minuto 30, modificar o devir do choque. Gaby reduciu a diferenza (4-2) e o Atlético tamén alternou o xogo de cinco para asegurar a posesión e desgastar máis a un Burela canso pero que non se rendía con Peque como estandarte. A final estaba na recta final e Peque abriu unha fiestra á esperanza co 4-3 pero uns segundos despois Rosana pechou con firmeza esa mesma fiestra (5-3) difuminando a reacción galega. No último minuto Ariane selou a vitoria co 6-3 definitivo que proclamaba campión ao Atlético Féminas Navalcarnero.
MVP
A organización concedeu o premio á xogadora máis valiosa da Copa de España á xogadora do Burela Pescados Rubén Patricia González Mota “Peque”.
Ficha técnica
Atlético Féminas Navalcarnero (0): Belén, Ju Delgado, Ari, Leti, Rosana ?cinco inicial- Desirée, Natalia, Marta Pelegrín, Peke.
Burela FS Pescados Rubén (0): Jozi; Claudia, Peque, Gaby e Bea Mateos ?cinco inicial- Maite.
Goles: 1-0, m.12, Natalia; 2-0, m.16, Ari; 2-1, m.24, Peque; 3-1, m.27, Peque; 4-1, m.29, Leti; 4-2, m.33, Gaby; 4-3, m.37, Peque; 5-3, m.37, Rosana, 6-3, m.40, Ari.
Pavillón: A Estación de Navalcarnero. 500 espectadores.
Colexiados: Celador Hernández e Losada Pérez, colexio madrileño. Cartón amarelo a Maite e Peque do Burela Pescados Rubén.
No palco de autoridades estiveron presentes Antonio Escribano, presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, Venancio López seleccionador nacional; Javier Lozano, presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala; Julio Cabello, presidente da Federación Madrileña, así como os presidentes e directivos do Burela FS Pescados Rubén e Atlético Féminas Navalcarnero.
*Foto:
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
