Cervo, 27 de xuño de 2015.- De acordo coa información incluída na convocatoria do pleno de organización que se celebrará o próximo luns ás oito da tarde no concello de Cervo, o goberno municipal aplicará as mesmas fórmulas organizativas dos últimos anos: baleirado das competencia do pleno para derivalas á Xunta de Goberno para evitar o debate sobre asuntos importantes furtando desta maneira a capacidade da oposición de expoñer alternativas ás decisións do PP. As compensacións económicas polo exercizo de goberno son similares ás dos últimos anos con unha dedicación exclusiva para o alcalde – no límite que marca a lei para un concello como Cervo con pouco mais de 4.000 habitantes – tres dedicacións parciais e dous salarios encubertos por asistencias a Xuntas de goberno a 150 euros a sesión.
O portavoz municipal do BNG – ASEMBLEAS ABERTAS, Ramón Luís Bernardo Insua, informou que con estas decisións o equipo de goberno dirixido polo alcalde Alfonso Villares continuará costándolle á veciñanza mais de 100.000 euros anuais, descoñecendo aínda si se mantén o gabinete de prensa cunha persoa que factura como autónoma para mantemento dunha web municipal o que incrementaría de maneira exponencial os gastos dos órganos de goberno en Cervo.
Segundo Bernardo Insua, o réxime de dedicacións “está feita para contentar a todo o mundo dando a sensación de que algunhas persoas do grupo de goberno non se meteron aí para servir ao pobo senón para servirse elas”.
En relación ao reparto de áreas pouco interese ten porque “seguirán sendo Pilar Armada e o propio alcalde quen marquen a pauta sobre o camiño a seguir”. A formación nacionalista chama a atención sobre a existencia dunha delegación de igualdade e servizos sociais para Pilar Armada, unhas delegación das que agarda se produzan cambios de calado á vista do sucedido nos últimos ajnos onde as políticas de igualdade non existiron e os servizos sociais limitáronse ao básico.
Para o BNG – AA a multitude de delegacións do pleno trasladadas á Xunta de Goberno indican o talante do goberno municipal de Vilares ao que se lle enche a boca falando de dar participación á oposición mais aplica o baleirado de competencias do pleno para amordazar o debate sobre asuntos importantes que van ser decididos unicamente polas catro persoas que formarán a Xunta de Goberno.
Desde o BNG tamén reclamarán a creación dunha comisión de urbanismo co fin de impulsar o Plan Xeral de Ordenación Urbanística, un instrumento que o Partido Popular se empeña en frear cando é fundamental para o desenvolvemento do concello de maneira ordenada. Ramón Luís Bernardo Insua lembra que o goberno local co Partido Popular á fronte leva paralizando a súa redacción desde fai anos xa que a súa redacción iniciouse fai trece anos sen que existiran avances importantes na súa tramitación.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



