O Vicedo, 16 de xuño de 2015.- O pasado luns, Adrián Piñón Domínguez e Inma García Escourido, concelleiros do BNG no Vicedo, recurriron 4 resolucións da Alcaldía nas que se convocaban prazas de peóns de medio ambiente, socorristas, animador sociocultural e informador de turismo.
Coa presentación de ditos recursos, o grupo municipal do BNG faise eco dunha demanda histórica da veciñanza do concello: a necesidade de igualdade no acceso a ditos postos (postos que adoitan convocarse coa chegada do verán)
Nos recursos proponse modificar o punto relativo ás probas de selección, por entender que este non garante a igualdade de acceso aos contratos públicos establecida pola Lei de Contratos Públicos.
Adrián Piñón, portavoz do grupo municipal, afirma que “un dos obxectivos do BNG é conseguir que o concello sexa máis democrático e transparente”. Os recursos non son máis que un intento de democratizar o funcionamento do consistorio.