A Mariña, 8 de xuño de 2015. O BNG reitera novamente no Congreso a necesidade de dotar, con urxencia, de solucións aos continuos cortes de tráfico no tramo da A8 aberto hai pouco máis de un ano.
Con unha iniciativa da deputada Rosana Pérez, o Bloque Nacionalista Galego pregunta ao goberno do Estado cando ten pensado afrontar esta problemática dun xeito serio e rigoroso, adoptando máis medidas que a colocación de balizas luminosas e carteis sinalizadores.
O BNG sinala na iniciativa que “o Ministerio de Fomento sempre adopta a mesma estratexia simplista: limítase a cortar a circulación cando a zona está envolta en néboa. En todo este tempo, non adoptou ningunha solución técnica e iso que o BNG levou a debate en setembro pasado unha proposición non de lei, demandando medidas de seguridade máis eficaces e avanzadas na A8.”
Desde o BNG aseguran que actuaron con previsión “crendo que Fomento empregaría o outono e inverno para resolver a situación e ter novas medidas listas para a primavera deste ano.” Porén lamentan que “o Partido Popular se negara a aceptar a iniciativa presentada polo BNG.”
A responsable comarcal do BNG lamenta que “as únicas solucións que se puxeran en marcha foran a colocación de balizas e carteis e dun radar de tramo con un afán claramente recadatorio, tendo en conta que a utilización da autovía só se produce con condicións meteorolóxicas favorables e, polo tanto, o radar non ten carácter disuasorio ningún nin ten como fin garantir a seguridade viaria.”
Desde a formación nacionalista califican de preocupante unha autovía de recente construción, e con unha inversión de 192 millóns de euros nun tramo condenado a estar pechado día si e día tamén, que só xerou problemas e que se utiliza intermitentemente, desviando a circulación pola N634 que soporta un tráfico para o que tampouco cumpre as condicións óptimas.
Nas preguntas que se dirixen ao goberno do Estado, o BNG tamén cuestiona que pasou co anunciado concurso de ideas de innovación e desenvolvemento para aportar posibles solucións, que “desde que se anunciou por primeira vez, nada se ten avanzado máis que anuncios baleiros de contido.”
O Bloque Nacionalista Galego pídelle ao goberno do Estado que “se tome en serio este problema e adopte as medidas precisas para que unha autovía recén estreada estea continuamente pechada ao tráfico”.
Iniciativas no concello de Mondoñedo reclamando solucións.
O BNG anuncia tamén que esta cuestión será prioritaria na labor municipal nestes catro anos, como o foi durante a etapa na que ocuparon responsabilidades no goberno municipal, reclamando solucións definitivas.
Así, o grupo municipal nacionalista presentará iniciativas para que a corporación municipal se manifeste ao respecto e se dirixa ao Ministerio de Fomento para reclamar con urxencia solucións, tal e como se ten feito desde o goberno municipal encabezado pola formación nacionalista.
Desde o BNG agardan que “a sintonía entre o goberno do Estado e a futura alcaldesa de Mondoñedo se reflicta nun cambio de actitude do goberno de Estado e se dignen a atender esta situación que ningunearon e obviaron sempre que se plantexou por parte do ata agora alcalde de Mondoñedo, Orlando González, quen destacou pola súa insistencia e preocupación por lograr unha solución a este problema que nunca atenderon os responsables do Partido Popular.”




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



