Foz, 12 de xuño de 2015. Foz volverá aos anos 20 coa celebración da segunda Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, o próximo 27 de xuño.
Durante esa xornada haberá moitas actividades, segundo explican desde Acia/CCA Foz: “a hostalería ofrecerá tapas e menús vintage, teremos tamén un anciño e un mercado vintage, haberá descontos importantes no comercio asociado e algunha sorpresa máis”.
Desde a directiva do Centro Comercial Aberto sinalan que “queremos darlle a benvida ao verán dunha forma divertida e tendo algún detalle cos clientes do comercio focense e da hostalería”. E animan a asistir á II Festa Vintage: “animamos a focenses, visitantes e a todo a *comarca a desempoar os seus traxes e os seus vestidos e a viaxar por un día á década dos anos 20, a principios do pasado século XX”.