11/06/2015.- O PSOE de Foz, a través do seu Secretario Xeral, manifesta que a hipocresía e as poucas gañas de cambio por parte de FPF imposibilitan un pacto de goberno en Foz.
“Hai quen se sinte moi cómodo co goberno do PP no concello de Foz por que defenden os mesmos intereses, que xustamente coinciden cos da empresa de abastecemento da auga, en pouco tempo os veciños e veciñas de Foz poderán comprobar cales son os verdadeiros intereses da Plataforma”.
O PSOE intentou dende o primeiro momento a posibilidade de confeccionar un goberno alternativo ao do Partido Popular, reuníndose xa o día 28 co BNG para falar de cuestións programáticas (participación cidadá, transparencia, remunicipalización de servizos públicos, PXOM…) accedeu a ter reunións “secretas” o día 1 de xuño con FPF cando estes dicían nos medios de comunicación que non accedían a sentarse cos socialistas, renunciou a que o seu candidato formase parte da corporación municipal, ofreceu un pacto de goberno ao BNG, etc…
O PSOE foi o único que fixo todo o posible para conseguir un goberno de esquerdas; pero a hipocresía duns, FPF, que piden a renuncia do candidato do PSOE e logo argumentan, como motivo para ter a alcaldía, que eles presentan ó seu cabeza de lista, e a pouca definición e compromiso do BNG para formalizar acordos, imposibilitan un pacto de goberno.
“O que está claro é que uns (BNG) non queren dar o paso de significarse porque é moito máis cómodo manterse na ambigüidade e dicir que son os demais os que non se poñen dacordo e os outros (FPF) teñen claro dende o primeiro día que a súa intención é que non queren pacto, para que goberne o PP. Sería bo, que lle explicasen isto aos seus electores, aos seus seguidores e a algúns dos membros da súa lista; e lle preguntasen ao seu candidato polas conversas que mantivo nos últimos días sobre o seu futuro laboral”.
Para o PSOE os claros perdedores de todo isto son aos veciños e veciñas de Foz, que polos intereses persoais do candidato de FPF e pola súa pouca seriedade, van a deixar que goberne de prestado en Foz o PP outros catro anos máis.