Lugo, 16 de xuño de 2015.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria oferta para o curso 2015/2016 un total de 3.991 prazas en primeiro curso en ciclos de Formación Profesional en centros públicos da provincia de Lugo, segundo recolle este martes o Diario Oficial de Galicia. Delas, 2.474 forman parte do réxime ordinario – 1.338 en grao medio e 1.136 en grao superior-, mentres que outras 617 son do réxime modular para persoas adultas – 371 en grao medio e 246 en grao superior-, 250 do réxime modular a distancia – 150 en grao medio e 100 en grao superior-, 620 en FP Básica, e outras 30 en FP Dual.
A oferta, moi similar en termos e cifras xerais á do curso 2014/2015, modifícase cada ano para adaptarse á demanda e ás necesidades expresadas polos centros educativos; diante do importante interese que esperta a FP. Neste sentido cómpre lembrar que en toda Galicia máis de 53.000 alumnas e alumnos cursan no presente curso ensinanzas de FP – 1º ou 2º curso de ciclos de grao medio ou superior, ciclos de FP básica ou programas formativos básicos-, máis do 86% deles en centros públicos.
Cómpre sinalar, ademais, que a Consellería mantén un contacto constante co tecido socio-produtivo de cada comarca para dar resposta á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior empregabilidade para o alumnado da FP galega e nunha maior e máis axustada cualificación dos traballadores. Neste sentido cabe sinalar, ademais, que o departamento educativo da Xunta de Galicia continúa coa implantación progresiva de proxectos-piloto de FP, unha modalidade especialmente pensada para favorecer o acceso ao mercado laboral dos máis novos.
O prazo de preinscrición nos ciclos comeza o día 17. Os diferentes prazos de matrícula poden consultarse no enlace web http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral-admision, dentro do portal educativo.
Novidades na provincia
No referido ás novidades para completar ou diversificar a oferta da provincia, no réxime modular para persoas adultas –modalidade presencial- implantarase o novo ciclo medio de Electromecánica de vehículos automóbiles no CIFP As Mercedes (Lugo). Por outra banda, amplíase a implantación da FP Dual co ciclo medio de Construción, no CIFP Politécnico de Lugo, coa colaboración de varias empresas da provincia.
Pola súa parte, avanza a implantación da FP Básica co novo ciclo de Informática de oficina, que se ofertará no IES Marqués de Sargadelos (Cervo).
Centros da familia profesional agraria
No que atinxe aos centros da familia profesional agraria prodúcese, como único cambio significativo a recuperación do CM Aproveitamento e conservación do medio natural, na CFEA Alta Montaña (Becerreá).























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



