Veño de coñecer a decisión de Guillermo Zapata de dimitir como futuro concelleiro de Madrid mercede á repercusión dos seus moi desafortunados tuits publicados hai anos, e que ofendían a xudeus e vítimas do holocausto; e noutro exercicio de pésimo gusto, a Irene Villa e ás nenas do crime de Alcácer, a partes iguais.
A miña impresión inicial e definitiva é que esta decisión é acertada, pois alguén que aspira a ser representante público non pode mofarse da dor allea, polo que eses “contos” escritos hai anos, teñen agora unha consecuencia inesperada mais lóxica pola súa crueldade, consciente ou non naquel intre da mesma.
Dito isto, é verdade que o humor é moitas veces mezquino. Os que coma min medramos coa tele dos setenta e oitenta (pública e única), contemplamos sen o menor espírito crítico pois eramos só nenos, como calquera “chistoso” da época desenrolaba toda a súa “dubidosa” inspiración humorística contra “mariquitas”, “xitanos”, “tartajas” ou “putas”.
Era o que a xente quería ou era o máis doado? Non o sei, pero facer un chiste de putas ou maricóns (xa non digamos dos dous) era garantía de gargallada.
Afortunadamente a sociedade avanza e hoxe mofarse destes colectivos estaría fortemente criticado, como non podería ser doutro xeito. Agora aqueles “maricóns” dos que se ría Arévalo son cidadáns que exercen con total normalidade a súa orientación, e non teñen por que aguantar desprezos de tempos pasados.
Coas prostitutas sucede o mesmo, e ata os consumidores de sexo de pago non se atreven a frivolizar (cando menos en público) coa desgraza que supón o exercicio do mesmo.
Os chistes de xitanos soan rancios, e que dicir dos tartajas… só o recordo de Cassen fai que, por moi estúpidos que sexamos, nin se nos ocorra facer un conto daquel que sofre un defecto na fala.
Mais o humor é como a lei, esta vai sempre por detrás do delito (e o delincuente).
Hoxe aqueles “un, dos, tres” son “el club de la comedia” e aquel humor franquista de mariquitas e putas convértese noutro do século XXI de mellor prensa con “chinos”, “romanos” e “chamaquitos” como fonte de inspiración. Iso por non falar do humor de orixe imperialista do que non é só o estado español único representante. Desprezar a galegos, vascos, cataláns, portugueses… é o equivalente a facelo en Francia cos corsos e bretóns; galeses, irlandeses e escoceses dende Kensington, e bávaros dende Berlín ou Frankfurt. É ese humor que menospreza o diferente dende unha suposta superioridade. Curiosamente nunca escoitei contos sobre casteláns ou madrileños, que raro!.
Cantos anos deberán de pasar ata que facer un chiste de chinos sexa condenable?.
Será un tuit de “pretendido humor” falando das tendas orientais de “todo a cen” de hoxe, motivo de dimisión dentro duns anos?
Non o sei, mais queda demostrado que mentres sexamos quen de ver a alguén como inferior, o humor de mal gusto sobrevivirá e, por desgraza, creo que ten anos de boa saúde por diante. Cando os chinos ergan a voz, chegarán os marroquís e despois os senegaleses, e así ata deixar a nosa pútrida conciencia alimentada de quen se cre superior aos demais pola súa nacionalidade, condición, raza ou orientación.
E antes de rematar, racharei unha lanza en favor dese humor crítico. Ese que naceu da necesidade de expresión en escenarios de represión. Ese humor do que os galegos somos mestres, ese que substitúe o soez polo enxeñoso, ese que fala entre liñas e que desarma ao rival sen opción a réplica. Recordo hai anos que nunha xuntanza de bastante xente, un capitán da garda civil insistiume en que lle contara un conto sobre a benemérita que algún presente me convidaba (con formato de reto) a socializar. Conteillo, era moi bo, e o capitán (gran persoa, por certo), escarallouse de risa.
Permítame que non o transcriba, pois veño de estrear a acta de concelleiro.


















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



