Os Sendeiros de Foz desprazáronse este domingo 8 de xuño a Lugo capital para compartir a xuntanza de senderismo “Lucus a pé”. A ruta de 19 km, partiu da Deputacion de Lugo percorrendo parte da muralla romana, parte da cidade, o río Miño, río Mera para rematar no club fluvial onde os participantes degustaron da comida xentileza da Asociación Micolóxica de Lugo. Os máis de 20 camiñantes volveron a Foz pola N-634, xa que a A8 estaba cortada polo néboa tanto á ida coma á volta.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



