Madrid, 16 de xuño de 2015.- A deputada socialista por Lugo Margarita Pérez Herraiz rexistrou no Congreso unha batería de preguntas parlamentarias coas que reclama o Goberno que explique cal é o estado dos diferentes proxectos recollidos na Estratexia para a Abordaxe da Cronicidade no Sistema Nacional de Saúde, que foi aprobada en 2012, así como que actuacións realizou o Goberno para levar a cabo as recomendacións da devandita Estratexia.
Pérez Herraiz recorda que esta Estratexia “foi aprobada polo Consello Interterritorial para a súa aplicación en todos os servizos de saúde de España, e establece obxectivos e recomendacións para orientar a organización dos devanditos servizos cara á mellora da saúde da poboación, a prevención das condicións de saúde e limitacións na actividade de carácter crónico, e a súa acción integral”.
A deputada pide ao Goberno que responda sobre que Consellos de Saúde se constituíron dende 2012 na provincia de Lugo e con que actividade, que canles formais de participación se estableceron para garantir en Lugo o traballo compartido polo sistema sanitario e social con asociacións de coidadores e pacientes afectados por problemas de saúde crónicos, e que programas de voluntariado se impulsaron na provincia para apoiar coidadores e enfermos crónicos.
A deputada socialista sinala que, segundo os datos do INE, entre 2011 e 2012 había en Galicia 876.300 persoas maiores de 15 anos con algunha enfermidade crónica. Extrapolando estes datos, na provincia de Lugo había 109.275 persoas con algún problema de saúde crónico. Ademais, 40.166 persoas teñen na provincia de Lugo problemas para realizar actividades cotiás (322.100 persoas en Galicia) e 79.347 lucenses teñen de forma constante dor ou malestar (636.300 galegos).
Así mesmo, apunta que en Galicia hai un 2,82% de poboación con ditame de dependencia e que o número destas persoas na provincia de Lugo ascende 9.665. Así, destaca que Galicia ten unha porcentaxe de dependencia recoñecida menor que España (3,20%) aínda que o índice de envellecemento en Galicia é maior (7,91% da poboación en Galicia fronte ao 5,67% de España). En Lugo, o índice de envellecemento alcanza o 11,01% da poboación, con 37.729 maiores de 80 anos.
Con estes datos, a deputada lucense resalta que “na actualidade o patrón epidemiolóxico dominante está representado polas enfermidades crónicas, que levan consigo unha limitación na calidade das persoas afectadas e das persoas coidadoras, que son causa de mortalidade prematura e ocasionan efectos económicos importantes nas familias e na sociedade”. “Polo tanto, -defende- é preciso transformar a atención sanitaria para que afronte mellor as condicións de saúde crónicas”.
Por iso, pregunta tamén ao Goberno se realizou os proxectos para implementar a Estratexia para a Abordaxe da Cronicidade no SNS, como: o de Estratificación da Poboación, o Seguimento avaliado da atención aos pacientes con enfermidades crónicas, a creación dunha Rede de Escolas de Saúde para cidadáns e a creación da Plataforma de Innovación Sanitaria para impulsar a innovación diagnóstica, terapéutica e de xestión clínica na atención sanitaria.
Así mesmo, se o Goberno realizou a Actualización do Marco Estratéxico para a mellora da Atención Primaria en España 2007-2012 e se elaborou o Proxecto de análise de situación e propostas de mellora dos Programas de Atención Domiciliaria no Sistema Nacional de Saúde. Sobre iso, Pérez Herraiz incide na “vital importancia que teñen as actuacións de atención primaria no conxunto do sistema sanitario”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



