O Teatro de Ribadeo vólvese convertir nun cine para acoller a representación de ‘Soños dun sedutor’, de Woody Allen, a cargo da compañía Tolemia Teatro con Ruper Sanchez, Enya Antelo, Roberto Casas, Cristian Herbella, Liza G. Suárez, Olalla Dóniz e Saray Merayo dirixida por Xurxo Barcala.
Despois de 3 anos en cartel, nos que tanto a montaxe como os actores e actrices resutaron galardoados en diversos certames, escollen Ribadeo para despedirse do público.
Será o sábado 6 de xuño, ás 20.30 horas, no Cine Teatro de Ribadeo, organizado polo Concello de Ribadeo.