As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén gozaron este mércores 3 de xuño dunha divertida xornada, dentro da programación das festas patronais de Burela, con partidos diferentes nos que tamén se vestiron de curto os pais e nais do alumnado laranxa e os monitores da escola; ademais, os conxuntos infantís e cadetes disputaron un triangular xunto á ED Alfoz-O Valadouro.
