Lourenzá, 8 de xullo de 2015. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que se suprimiron as redes sociais municipais porque o Concello ten que ser unha institución seria e respectable e na páxina web oficial os cidadáns poden informarse e facer consultas ao goberno local a través dun buzón de suxerencias.
A rexedora local explicou que o grupo de goberno decidiu eliminar as páxinas de facebook e twitter municipais porque “cremos que o Concello ten que ser unha institución seria e respectable. Nós non vamos gobernar a través do facebook nin de ningunha outra rede social e todo que se faga en Lourenzá poden velo na páxina web oficial do Concello, que é seria e transparente, onde os cidadáns de Lourenzá poden consultar todos os asuntos do municipio. E ademais abrimos un buzón de consultas, onde cada cidadán pode formular as preguntas que considere oportunas acerca de calquera tema; esas preguntas recíboas eu persoalmente e eu mesma encárgome de contestar a cada unha delas”.
Rocío López engadiu: “prometéramos que íamos gobernar dun xeito serio e transparente e con esta primeira medida empezamos a sentar as bases para facelo así. Ademais acabamos de crear a Concellería de Participación Cidadá e estamos a traballar nun regulamento para por en marcha as comisións veciñais que, xunto coas asociacións do municipio, serán as canles de participación dos veciños na vida municipal”.
Por outra parte, o goberno municipal socialista agradece ao grupo popular “a súa preocupación por manter informados aos veciños do concello, pero lamentamos que este interese sexa repentino e que estas ansias de información non as tiveran durante a campaña electoral para contarlle aos veciños a débeda que lle deixaron ao novo goberno pola reparación de pistas, que ascende a máis de 23.000 euros. ¿A iso se refiren cando falan de ocultismo?”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



