Alfoz, 25 de xullo de 2015.- O pasado mércores 22 de xullo a Concelleira de Benestar Social do Concello de Alfoz, Carmen Geada Maseda, e o Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez, visitaron o Centro Ocupacional e o Centro de Día da Fundación Eu Son de Burela. Os dous membros do actual goberno de Alfoz, pertencentes ó Grupo Municipal de Veciños Independentes de Alfoz, reuníronse coa directora do centro Noelia Eijo, interesáronse polas actividades desta fundación que conta con tres usuarios do concello de Alfoz.
Durante a visita coñeceron de primeira man os distintos traballos que realiza Eu Son, fundación que presta servizos de atención a persoas con discapacidade intelectual, charlaron cos usuarios, estiveron presentes nun ensaio do grupo de música e observaron os traballos dos diferentes talleres do centro. Un dos momentos máis emotivos foi o encontro con Ana Remedios e Toñito, veciños de Alfoz, con quen compartiron parte da visita.
Previamente, nas dependencias do concello de Alfoz, Carmen Geada e Xabier Pardiñas, reuníronse con membros de Adace-Lugo, asociación de ámbito provincial, formada por persoas afectadas de dano cerebral sobrevido, a cal presta servizos de información, orientación e asesoramento a varias familias do Concello de Alfoz.
A Concelleira de Benestar Social, Carmen Geada Maseda, e o Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez, queren agradecer ó persoal do centro Eu Son pola acollida recibida e ós membros da asociación Adace-Lugo pola predisposición a visitar o concello de Alfoz, transmitíndolles unha gran admiración polo traballo que están a facer e mostrando un total apoio ás súas iniciativas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



