Lugo 5 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, mostra a súa satisfacción pola decisión da UNESCO de declarar Patrimonio da Humanidade o Camino norte e Primitivo.
Elena Candia foi unha das primeiras en enterarse desta boa nova, xa que foi o propio Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, quen llo comunicou dende Boon.
Para Elena Candia é unha satisfacción que tanto a traza xa delimitada como as catedrais de Lugo e Mondoñedo e as dúas variantes, a que entra por Ribadeo e que entra por A Fonsagrada, teñan este recoñecemento.
A presidenta, que agradeceu o traballo de todos os que o fixeron posible, ve nesta decisión un recoñecemento internacional “ao noso patrimonio”, que agora ten “repercusión mundial”.