A Coruña, 19 de xullo de 2015.- A Delegación do Goberno en Galicia informa de que a Dirección Xeral de Tráfico inicia este luns unha campaña de control de velocidade que incidirá especialmente nas estradas convencionais e nas vías urbanas. Esta iniciativa forma parte da programación anual da DGT e desenvolverase durante toda a semana, ata o vindeiro domingo día 26.
Estará coordinada polas xefaturas provinciais de tráfico e os xefes de subsectores das catro provincias, quen confeccionaron os percorridos para que o número de vehículos controlados sexa maior que o de campañas anteriores. Malia que o número de coches controlados pola Agrupación de Tráfico da Garda Civil incrementouse nun 100% na última década, o obxectivo é conseguir unha maior redución da velocidade media e diminuír os niveis alcanzados de grandes excesos.
Trátase de concienciar aos condutores da estreita relación entre unha velocidade inadecuada e os accidentes. E é que, a diferenza da incompatibilidade entre o alcohol e a condución, ou o uso do cinto de seguridade e do casco, que non son cuestionados, a consideración da velocidade como factor de risco non adquiriu o mesmo nivel de aceptación entre os condutores, e iso malia que no 22% dos accidentes mortais en vía interurbana apreciouse a velocidade como factor concurrente. Xa que logo, levar unha velocidade adecuada podería evitar practicamente unha cuarta parte das mortes en accidente de tráfico.
En zonas urbanas a velocidade é igualmente determinante, por canto aumenta considerablemente o risco de morte dun peón tras ser atropelado, de aí a importancia da observancia dos límites. A partir de 80 quilómetros por hora é practicamente imposible que un peón sálvese dun atropelo, mentres que a unha velocidade de 30 km/h o risco redúcese ao 10%.
A esta incidencia negativa da velocidade na sinistralidade súmase a que ten sobre o medio ambiente, sobre a calidade de vida e o consumo de combustible. Todo iso fai necesario seguir incrementando os esforzos no control e a vixilancia da mesma.
Para a realización da Campaña que arrinca este luns utilizarase o máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles. Así mesmo, sempre que sexa posible, tanto os paneis de sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico que estean nas inmediacións, advertirán aos condutores da existencia próxima de controis.
O LIMIAR DE TOLERANCIA DE RADARES, UNIFICADO
En todo o territorio da DGT permanece unificado o limiar da tolerancia co que actúan os radares: de 7 km/h para límites ata 100 km/h e do 7% para límites superiores, de maneira que o condutor coñecerá cal é exactamente a velocidade a partir da cal calquera radar denunciará. Isto non modifica en ningún aspecto o cadro de sancións e puntos a detraer por exceso de velocidade.
A Lei de Seguridade Vial e o Regulamento Xeral de Circulación fixan a normativa aplicable aos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos. O incumprimento destas normas está tipificado como infracción grave ou moi grave, sancionadas con multas de 90 a 600 euros.
RESULTADO DA CAMPAÑA DO VERÁN PASADO
Na campaña específica de control de velocidade desenvolvida en Galicia desde o 18 ata o 24 de agosto de 2014, controláronse 74.619 vehículos e formuláronse un total de 2.862 denuncias, producíndose un terzo das mesmas en fin de semana (de venres a domingo).
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



