Non son afastados os tempos nos que os alcaldes – a economía expresiva inclue o correspontente feminino deste masculino gramatical – exercían o seu cargo sen remuneración económica ningunha. Tempos, nos que a xestión da res pública municipal carecía da complexidade e das dificultades que hoxe lle son inherentes. Tempos, nos que a actividade dos concellos se reducía a dar resposta e solución tan só os problemas básicos xerados pola vida en común dos veciños. Tarefas que, pola súa propia natureza e dificultade, o seu tratamento excedía a posibilidade e a capacidade individual dos veciños. Servizos, coma recollida do lixo, a distribución da auga, a iluminación pública, a limpeza dos espazos urbanos, a construción e arranxo das rúas e vías, etc. etc.
Coa chegada da democracia – esa tan cacarexada e meirande mentira do Réxime – chegou a complexidade da xestión municipal. Comezaron as transferencias dos diversos servizos, sobre todo sociais, e tamén as dificultades xeradas polas demandas derivadas do desenrolo económico, e con el as imposicións do progreso da sociedade, cuns mayores niveis de esixencia por parte dos mesmos administrados, sen esquecer a ambición desmedida de certos alcaldes empeñados en ofrecer ós seus cidadáns, servizos alleos á función e competencia dos concellos, con fins puramente electorais. E foi así como certos alcaldes, “a legibus solutis” e apoiados nas maiorías plenarias de que gozaban nas súas corporacións locais, fóronse asignando, paseniño, o seu soldo, ata acabar sendo aceptado como normal pola maioría dos cidadáns. E o que empezou sendo obxecto de crítica para moitos, é hoxe unha realidade aceptada pola maioría como algo normal e ata xusto, pois, como di a Biblia e parece razoable pensar, ‘dignus est operarius mercede sua’, é dicir, o obreiro é merecente do seu salario.
Pro, co paso do tempo e a falta de normas reguladoras do teito salarial, a arbitrariedade e a cobiza dalgúns alcaldes chegou a superar esaxeradamente os límites da ética e do que se entende por salario xusto. E foi así como algúns fixáronse un salario ó seu gusto e capricho, excedendo non poucas veces os límites do razoable e sensato, como aconsella Cervantes no Quixote cando afirma que”el abad de lo que canta, yanta”.
Pro pasou que os excesos cometidos pola avaricia de algúns alcaldes levantaron acerbas críticas na opinión pública. Ata tal punto que o goberno se viu forzado a lexislar sobre esta cuestión. Pro, tan a desgana o fixo, que deixou á decisión arbitraria dos alcaldes a elección do seu salario dentro dos límites dunha dilatada escala entre uns xenerosos mínimos e máximos, segundo ó número de veciños de cada concello.
Esta norma reguladora do salario dos alcaldes, xurdida dun sistema escasamente democrático e dabondo corrupto, acadou mitigar dalgún xeito os excesos salariais en que moitos caían. Pro foron, sobre todo, os novos aires reivindicativos que corren ó longo do noso país e a nova sensibilidade xerada pola crise económica na sociedade a que fixo o milagre de espertar as conciencias a sensibilidade de moitos dos alcaldes elixidos nas derradeiras eleccións locais. Pois, tanto nas grandes cidades coma nos medianos e pequenos concellos, os novos alcaldes, sensibles ós impactos negativos ocasionados pola crise na gran maioría da poboación, ativéronse en moitos casos a unha aplicación restritiva da escala salarial fixada polo Goberno. Exemplos temos, tamén, de alcaldes repetidores que, de acordo coa realidade económica e social do seu entorno, optaron por conxelar e mesmo diminuír de xeito significativo as súas retribucións.
Non faltan, con todo, certos alcaldes repetidores que, fronte a ista realidade e aínda dentro da legalidade vixente, pro sen razón aparente que o xustifique, pois o traballo esixido polo concello non é hoxe distinto do que era no seu mandato anterior, optaron por subirse de forma escandalosa, non só as súas retribucións, senon ademais, o número de dedicacións exclusivas no concello, e mesmo as dietas, o quilometraxe, etc.
E isto, non sen escándalo por parte de moitos, pois, mentres a sociedade se empobrece e se afunde cada día máis na miseria económica, cos veciños vivindo nas súas carnes a amarga experiencia do paro e da depresión económica e os pensionistas axustando os seus gastos pra acadar coas súas pequenas pensións o remate do mes, hai alcaldes que se soben impunemente o seu soldo en porcentaxes inxustificadas e abusivas, provocando o asombro e o escándalo dos exhaustos contribuíntes. E todo isto, sen dar sequera ningunha explicación motivada que fixese que esta subida salarial, caso de estar suficientemente xustificada, como podía ser o caso dalguns, fose entendida e aceptada polos contribuíntes.
Si, xa se sabe que o salario elixido por eses alcaldes se axusta á lei. Faltaba mais! Ninguén os vai acusar de ter infrinxido a lei. Pro si da súa falta de solidariedade social nestes momentos de depresión, co engadido da oportunidade e da exemplaridade esixida ós que se adican á xestión pública. E se, por un casual, hai quen diga que o seu traballo merece un salario mais grande, que ben pode ser, que non esqueza que hai moitos traballadores neste país cos salarios conxelados ou mesmo moi por debaixo do que merecen.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



