Viveiro, 13 de xullo de 2015.- A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, ten un posto na Exposición APOSTOLUS: Feira Internacional de artigos, arte e itinerarios relixiosos e culturais, en Santiago de Compostela, no Claustro baixo, zona CB do convento de San Martiño Pinario, aperturarase este martes e estará aberta ata o día 17. 17.Reune ao sector relixioso cultural no punto final do Camiño de Santiago tan concorrido nestas datas.
O Arcebispo de Santiago Monseñor Julián Barrio, cualificou esta Feira como “unha fermosa perla”. Reúne a mesma a profesionais do sector, confrarías, clero etc. Siendo visitada por miles de persoas.
A Xunta de Confrarías no seu traballo incansable a prol da Semana Santa de Viveiro, non regatea esforzos e así está alí presente realzándoa se cabe máis aínda, alí se desprazaron varios membros da citada Xunta transportando estandartes, coroas, fotografías, traxes de nazarenos etc., un despregamento que deixe enxergar o que aquí hai para invitar os que a presencien a vivila en Viveiro.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



