‘Quot capita, tot sententiae’, tantas opinións como cabezas. E esta miña é unha delas. O patrimonio natural mais importante de Ribadeo, a praia de Augas Santas, agora chamada das Catedrais, convertida nun grave problema. Xestores públicos con opinións encontradas e posturas opostas. A convivencia política entre as institucións, quebrantada. A paz cidadá entre diversos colectivos, afectada. Todos opinan, todos saben como amañar a desfeita. Pro as solucións que uns propoñen, rexéitanas os outros. Os intereses políticos, e aínda os persoales, privan sobre os xenerais. Os representantes políticos, dos que algúns padecen tortículis de tanto mirar para Santiago, condicionados pola obediencia debida ó seu propio partido. Os partidos, condicionados polo seu primeiro obxectivo: a conquista do voto. Os comerciantes, mediatizados polos seus intereses económicos. Os técnicos profesionais, como os que deseñaron a autovía do Cantábrico polo Fiouco dende os seus despachos, descoñecedores da realidade. E os movementos ecoloxistas independentes, con acusada sensibilidade cara á conservación da naturaza e ós valores sostibles do patrimonio natural, cultural e social, ausentes. Entes como ADEGA, MARIÑA PATRIMONIO ou a UNIVERSIDADE, etc., non están invitados a xogar nesta partida.
Hoxe temos un espazo natural convertido nun problema. Un problema que hai anos non había. Por que xurdiu? Quen o xerou? Canso de ver esta praia esquecida e baleira, o político correspondente, cegado pola ambición política, tivo unha idea: pregoar ó mundo a súa beleza pra atraer ás masas. E, ano tras ano, fiados naquilo que Pablo recomendaba a Timoteo: “…predica a palabra, insiste a tempo e a destempo, opotuna e inoportunamente…” viaxaron a Fitur a predicar os seus encantos e belezas, potenciando o seu aspecto turístico económico sobre o cultural e científico. E a xente, que non oe en balde, non tardou en inundar esta praia ata a saturación. E así rematou. Convertida nun espazo sobresaturado e desnortado. Claro, a idea era atraente. Converter a praia nun mercado turístico pra potenciar o comercio e a hostalaría da súa vila. E funcionou. O alcalde de turno convertíase así en modelo de xestión ejemplar coa conseguinte colleita de votos. A vila medraba. Era a galiña dos ovos de ouro. Pro agora chegou a saturación e non saben que facer con tanta xente. O futuro da praia está en perigo. Non saben onde meter a xente nin como conter a marea de vándalos, que sempre os hai.
Precísanse solucións a este problema. E atopan algunhas. Pro, como sempre, van en dirección oposta. Transportes públicos, aparcadoiros, estación de ferrocarril, aumentar a publicidade. He dicir, facilitar cada vez máis medios pra que as masas poidan achegarse máis doadamente a ese emporio de beleza. E, claro, así a masa crítica aumenta. Elixiron o camiño axeitado pra matar a galiña dos ovos de ouro. Pretenden acadar a sostibilidade e a conservación da praia traendo máis xente! É iso posible? Alguén mo explica?
Pretender atraer ás masas para enriquecer a economía de Ribadeo e, ó mesmo tempo, tratar de conservar intocable a beleza natural desta praia son obxectivos incompatibles. Mondoñedo ten a súa Cova do Rei Cintolo. Necesitada esta Cidade, como ningunha outra, de promover unha sa economía, sequera de subsistencia, non sucumbiu á tentación de vender a súa primoxenitura por un prato de lentellas. Regulou as visitas á cova tendo en conta únicamente a súa capacidade de admisión e a conservación deste famoso tesouro natural.
Chegados a este estado do problema, no que nin as institucións se poñen de acordo, nin as solucións ata agora ofrecidas teñen futuro, imponse a cordura. Un órgano independente, composto por persoas libres de condicionamentos interesados, que potencie a topografía orixinal do ámbito, reducindo ou suprimindo o impacto dos modernos equipamentos e infraestruturas instaladas alí, como o restaurante, os roteiros de madeira, etc., podería ser a mellor solución de cara á conservación e viabilidade, agora e de cara ó futuro, deste monumento da natureza. É dicir, devolvela ó seu estado primitivo, pois a experiencia demostra que onde o home pon a man a naturaza acaba case sempre destruída.
José Mª Rodríguez Díaz.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



