Cervo, 4 de xullo de 2015. A praia do Torno acolleu este sábadounha actividade de bautismo subacuático organizada polo Concello de Cervo e o Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo. A concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Manuela Méndez, amosouse moi satisfeita de cómo se desenvolveu esta iniciativa.
Manuela Méndez explicou que “o departamento de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Cervo desenvolveu este sábado na praia de O Torno, de San Ciprián, unha interesante e atractiva actividade lúdico deportiva de denominada bautismo subacuático, dirixida a persoas maiores de 16 anos e na que se esgotaron todas as prazas dispoñibles. Dita actividade realizouse no marco do programa Bandeira Azul, distinción coa que novamente conta o citado areal sancibrense logo do intenso traballo levado a cabo nos últimos anos por parte do Concello de Cervo para poder recuperar dito galardón turístico e medioambiental, que leva consigo a realización de diversas actividades ao longo do verán, as cales se irán desenvolvendo ao longo das vindeiras semanas e meses”.
A concelleira de Medio Ambiente engadiu que “o programa constou de varias partes, a cada cal máis interesante, que abrangueron aspectos como o mergullo con botella, a explicación dos compoñentes dos equipos de mergullo, nocións sobre bioloxía mariña, etcétera; todo elo coa finalidade de dar a coñecer o noso entorno mariño e máis en concreto o subacuático, potenciar o seu coidado e fomentar a sensibilización cara á conservación do ecosistema mariño. Por suposto, os participantes tamén puideron gozar ao longo da xornada da parte máis práctica e lúdica desta actividade, efectuando diversas inmersións en grupo, contando para elo co apoio e a supervisión do persoal de Protección Civil do Concello de Cervo”.
Manuela Méndez rematou destacando “a aposta decidida a prol do medio ambiente que se está a facer dende o goberno municipal, materializada meses atrás coa posta en funcionamento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Cuiña, o que posibilita que as augas das nosas costas e praias poidan acadar os máis altos estándares de calidade e aptitude”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



