O vindeiro sábado, 11 de xullo, ás 22.00 horas na Praza da Mariña e dentro da Programación Cultural de “Burela en Escena”, a Delegación Municipal de Cultura, presenta a proxección de cine ao aire libre de “MALÉFICA”, que conta con Angelina Jolie, coma protagonista desta nova aposta da produtora Wald Disney Pictures. Unha aventura fantástica, que desfrutaremos nunha pantalla de 9 X 6 metros, e ao aire libre durante 97 minutos.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



