Foz, 30 de xullo de 2015.- Este xoves foi o primeiro Pleno ordinario da Corporación Municipal no Concello de Foz.
Tratáronse temas tan importantes como a modificación de créditos 2015 para a aprobación de facturas que quedaron pendentes de pago.O BNG foi fiel ás recomendacións de intervención e vota en contra de aprobar facturas reparadas.
A delegación da xestión, recadación e inspección de tributos da Deputación Provincial é outro dos puntos propostos pola alcaldía e que se decide, por maioría, deixar enriba da mesa por falta de información económica.
A proposta de re-formalizar o contrato con SOGAMA sae adiante a pesar das abstencións de FPF e PSOE. O BNG de Foz considera que, aínda non estando de acordo coas políticas empresariais desta organización, votar en contra só significaría o desastre de deixar ó noso Concello sen recollida de lixo ou, no mellor dos casos, seguir pagando facturas reparadas con demoras incluídas.
Os seguintes tres puntos da orde do día son as Moción do Partido Socialista no que instan á corporación a tomar medidas en canto ó trafico da Praza Conde Fontao, á reubicación do salón de Plenos por mala accesibilidade e a reorganizar o cruce de Forxán coa carretera da costa. Todas se aproban.
Os puntos 13 e 14 son mocións presentadas polo BNG. Ámbalas dúas de aproban por unanimidade.
A primeira solicita a ampliación do horario do servizo de socorrismo nas praias de Foz, solicitando a ampliación máxima das horas de vixilancia e a dotación dos medios e do persoal adecuados para a correcta realización deste servizo que tanto preocupa a veciñ@s e visitantes.
A segunda fai referencia á defensa do sector lácteo galego. En foz existen actualmente 14 explotacións gandeiras que producen preto de 4 millóns de litros de leite. Solicítase instar ao Goberno Galego e Estatal a garantir a recollida do leite que se produza e a pagar un prezo xusto por el.
No tempo dos rogos o BNG pide que o Mercado do martes día 11 de agosto non se suprima, que se recúe na decisión de primar o estacionamento das caravanas á realización do mercado, que posiblemente sexa o de máis beneficio para os feirantes que tódolos martes do ano nos ofrecen este servizo. Que o Secretario nos envíe a información para os Plenos e as Comisións en tempo e forma, non só por legalidade, senon por sentido común e que se cumpran rigorosamente as leis 5/1988 e 5/1997 do uso do galego como lingua oficial de Galiza polas entidades locais.
Para finalizar este primeiro Pleno o BNG fai estas tres preguntas:
– Cómo é que despois dunha Comisión informativa específica de seguimento do PXOM non se trae ese informe a Pleno cando se pretende ter solucionado o problema, alegacións incluídas, entre finais deste ano e principios do que ven?
– Vai quedar a Escola de Música na situación actual, é dicir, con profesores en condicións precarias, con contratos non laborais e inestables, con avaliacións cada curso por tribunais que, ás veces, teñen menos titulación que os propios profesores, con escaseza de prazas e de horarios permitindo que moitos alumnos queden fora e se convirtan en posibles usuarios das Escolas de Música de Mondoñedo, Burela, Ribadeo e/ou Viveiro?
– Tivo o alcalde resposta da Consellería de Sanidade sobre o tema da atención de urxencias na quenda de tarde no Centro de Saúde Foz?
A esta última cuestión o alcalde popular recoñece que o BNG levaba razón desde o principio e que o servizo de urxencias foi eliminado a favor dunha praza de médico de cupo sen cupo que en principio parecía posible que fora atender as urxencias, pero que na práctica o único certo é que os veciños e veciñas de Foz teñen que acudir ao servizo de PAC do Hospital da Costa, con todos os inconvintes que esto supón.






















Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



