Burela, 31 de xullo de 2015.- “Chego con moita ilusión de intentar conseguir algo grande tamén con Burela. Gañar a Copa de España ábreche moitas portas; tiven moitas ofertas pero este é un equipo serio, cun proxecto moi interesante e iso fixo que eu viñera ata aquí”, así declaraba Javier García, Chino, na súa presentación oficial co Burela FS Pescados Rubén este xoves na sede do club. O presidente, Manuel Blanco, e o directivo José Ángel Dovale deron a benvida ao ex-xogador do Jaén destacando a súa incorporación como un plus de “rapidez e intensidade” para o equipo.
O xogador de Albacete, de 23 anos, recala na Mariña con ganas de traballar e con desexos dunha rápida adaptación: “Espero meterme axiña na dinámica dun grupo xa feito, dun vestiario do que me falaron moi ben, que é unha piña”. “En Burela serei o mesmo de sempre, competitivo, agresivo, un xogador con rapidez e sobre todo loitador, que non me deixo nada intentando loitar cada balón”, así se mostraba o ala-pivote, para “estar o máis arriba posible na táboa”.
Chino, que lucirá o 20 laranxa, tamén tivo unhas palabras para a afección de Vista Alegre: “Xa vivín unha grande afección na casa, o ano pasado en Jaén; é un xogador máis en cada partido no que saes gañando 1-0. Cada vez que estiven en Burela como rival Vista Alegre estivo cheo; espero que esta tempada siga así porque é moi motivador para nosostros”, concluíu a nova adquisición mariñá.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
