Burela, 12 de xullo de 2015.- O pasado xoves celebrouse, por fin, o pleno de Organización do esquema municipal. A nosa primeira crítica é o horario de dito pleno, pensamos que un día laboral as 10 da mañán non é a mellor forma de fomentar a participación e a transparencia que prometía o rexedor na campaña. Seguindo queremos manifestar que:
1. Dende CxG de Burela opinamos que o Sr. Llano desprecia o pleno do noso Concello por dúas razóns: a delegación de competencias na Xunta de Goberno local, medida moi criticada polo PSdG en outros concellos, xa que esta non é de carácter público(transparencia) e o linguaxe simplon e carente de formas do Alcalde. Sr. Llano, a xente do público non ten o expedinte diante, non pode dar conta dun acordo decindo “esto queda como estaba”, “as competencias estan na acta” esto é, na súa liña, un desprecio a participación.
2. Chama a atención a cantidade de incumplimentos que xa leva no pouco de mandato: praias 14.001 non, Alcalde delegado de mar non, praia para cans unha horas, cambio do plan de urbanisno non . Esto demostra a pouca seriedade do PSOE de Burela.
3. Non é certo que se aforre coa súa organización de adicacións, por outra banda difusas. Dende CxG mantremos e demostraremos que este goberno é máis caro co anterior. As dedicacións parciais son unha trampa.
4. A celebraciópn de este pleno demostra a sobervia e afán do Sr. Llano, chama poderosamente a atenciaón que o PSOE non teña portavoz actuando 6 concellerios de comparsa a o esperpento de dirección do pleno do alcalde.
5. Tanto o PP como o BNG demostraron para nos unha enorme pasividade política, non foron capaces de aportar ningunha proposta. CxG Burela neste sentido o pasado 17 de xuño presentamos 5 propostas de transparencia que o PSOE nin se dignou a ler.
Este pleno costounos os veciños 780 €, 60 € por concellal, por 34 min de duración. Sr. Llano é necsaria outra forma de política que vostede non sabe practicar, respeto os órganos de goberno e as boas prácticas. Non están os tempos para tirar 780 €.