Ribadeo, 13 de xullo de 2015.- O concelleiro de Deportes, David Rivas, e o presidente do Ribadeo FC, Víctor López, presentaron a sesenta e catro edición do trofeo Emma Cuervo, que disputarán o Deportivo da Coruña e o Club Deportivo Lugo o vindeiro 25 de xullo. No acto estiveron acompañados polo alcalde, Fernando Suárez, e polo técnico de Deportes, Iván López.
O presidente do Ribadeo FC, Víctor López, explicou que “este partido celebrarase no noso estadio, o Pepe Barrera, o 25 de xullo ás 19:30 horas e este ano vai ser entre dous equipos galegos: o Club Deportivo Lugo e o Real Club Deportivo da Coruña. Coincide ben neste senso porque ademais é o Día de Galicia e supón unha anécdota máis que se enfronten dous equipos galegos nesta edición nesa xornada festiva”.
López lembrou que “hai anos, desde o 2009, que non se enfrontaban dous equipos galegos no Emma Cuervo; naquel caso foran o Ferrol e o Lugo e tamén temos que recordar que no ano 1987 tamén se enfrontaran o Lugo e o Deportivo da Coruña”.
O presidente do club organizador fixo algunha puntualización: “quero aclarar, porque moita xente mo di, que se rompeu a tradición de traer un equipo asturiano e un galego, pero ás veces non se pode facer o que un quere, neste caso polos problemas e as datas nas que están dispoñibles os equipos, porque un pode vir nunha data pero outro non. Entón este ano xurdiu así e será con dous equipos galegos porque o Deportivo non cambiaba a data do 25 de xullo, o Oviedo podía vir o 2 de agosto, pero o Lugo non; e o Spórting de Gijón só podía o mércores, 5 de agosto. Entón no había forma de xuntar un equipo asturiano cun galego”.
Víctor López considera que “tamén coincide ben porque vai haber unha reunión de peñas ese mesmo día pola mañá. E aproveito para agradecer á Peña Deportivista Ribadeo a organización dese evento, en especial ao seu presidente, José Luis Barrera, porque ese ambiente que vai haber pola mañá o 25 de xullo vainos axudar moito pola presenza de peñas do Deportivo nesa xuntanza. E tamén virán peñas do Lugo”.
O concelleiro de Deportes, David Rivas, amosouse convencido de que “vai ser un grande éxito esta edición do Emma Cuervo polo luxo que supón ver xogar no Pepe Barrera ao Deportivo da Coruña, que é un equipo referente tanto da liga profesional de fútbol española como a nivel europeo; é un equipo que ten demostrado que pode estar á altura de calquera dos grandes clubs. E, por outro lado, o Club Deportivo Lugo, que está facendo un xogo moi atractivo e dinámico e está consolidándose na Segunda División. Ademais o CD Lugo conta co aliciente de ter un xogador ribadense, como é o dianteiro Daniel Pedrosa, que esperamos poder velo xogar aquí. E sabemos que acaba de contratar esta última semana a outro rapaz ribadense para os xuvenís, que é Adrián García. Estamos convencidos de que vai ser un espectáculo á altura das expectativas e pensamos que os clubs e as afeccións, tanto no campo como fóra del, van dar un exemplo de deportividade e civismo, que ao final é do que se trata”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
