O Club Ciclista Burela organiza o domingo 12 de xullo o Día do Socio cunha xuntanza dos socios na praza do Concello ás 09.30 horas para facer dúas rutas en bici: unha será en btt, a II RUTA BTT DA MERLUZA DE BURELA, e a segunda será en bicicleta de estrada, a ruta DESAFÍO DO BONITO DE BURELA. Son as rutas que organiza o Club o longo do ano. Unha vez rematadas, e despois de ducharnos e cambiarnos de roupa, teremos un xantar no que participaremos os socios e familiares e será nun restaurante de Burela, o importe da comida será abonada polo Club. Este ano o Club cumpre 20 anos e pensamos que a mellor forma de celebrálo e en confraternidade entre socios e familia esperando cumprir primeiro as vodas de prata e a seguir dando pedales ata chegar as de ouro.
Día do Socio 2015 do CC Burela
Día do Socio 2015 do CC Burela
Relacionado
-
Esta fin de semana haberá dous concertos na Horta de Galiana de Mondoñedo
-
O Presidente da Deputación, José Tomé, participou este martes na Biblioteca Municipal de Xermade na presentación do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
“Tierras de Castilla”, pinturas de Mª José Redondo Goicoechea, desde este venres en RegalXunqueira