O I Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luís Yebra organizado polo Club de Tenis-Padel A Marosa en colaboración co Concello de Burela viviu este sábado 17 de xullo a xornada de peche coa disputa das tres finais programadas e a homenaxe a Jose Luís Yebra.
Dobres Masculino
Alberto Lousas e Santi Prieto derrotaron á parella Álvaro López e Álvaro Jr. realizando ambas parellas un gran partido polo resultado 6-4/0-6/4-6.
Individual Feminina
Paula Fdez. venceu a Rosalia Veiga por 7-7 e 6-3 noutro interesante partido xa que ambas novas xogadoras do equipo federado do Club de Tenis de Foz practican moi bo tenis.
Individual Masculino
O vencedor foi Álvaro López Jr fronte a Rubén Blanco por 6-4 / 2-6 /6-4 nun partido moi esixente físicamente e cun tenis de gran calidade a pesar de que Álvaro se presentaba a este partido logo de xogar a final de dobres a tres sets e con apenas 15 minutos de descanso.
Campións e subcampións destas tres finais recibiron os trofeos doados polo Concello de Burela. Tamén recibiron trofeo:
– Valentina Blanco que se levou o trofeo de vencedora da consolación feminina.
– Suso Pena (Pitufo) levouse o trofeo da consolación masculina.
Torneo Provincial
Tamén se entregaron os trofeos do torneo provincial federado disputado na Marosa no mes de maio en tres categorías, sendo o gañador absoluto Santi Prieto e Álvaro Lépez Jr., o subcampión.
Como peche do acto de entrega de trofeos desenvolveuse unha homenaxe de recordo a José Luís Yebra en memoria de quen se celebraba este I Torneo de Tenis Concello de Burela que contou coa presenza da súa viúva, Ofelia Martínez, e unha das súas fillas, María Yebra, que recibiron unha placa conmemorativa despois dunhas palabras do presidente do club de Tenis.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
