Foz, Plataforma de Futuro quere facer público “o descontrol existente nas instalacións da Casa de Cultura de Foz nestes momentos”. O pasado 8 de xullo denunciábamos como os membros de “Foz, Plataforma de Futuro” recibíamos numerosas queixas de usuarios da biblioteca municipal pola falta de persoal, instalacións cerradas en horario ó publico, etc, etc.
E 10 días despois, “dende FPF temos que dicir que os problemas eses non so non se solucionaron, senón que foron a peor; xa que en pleno mes de xullo encontrámonos con persoal da Casa da Cultura de baixa, ou de vacacións, tendo que facer o resto do persoal desta instalación o traballo que xa tiñan encomendado e, a maiores, atender estes servizos que se atopan desatendidos”.
Por todo isto, piden “á concelleira de Cultura, e no seu caso tamén ó alcalde do noso Concello, que tome as medidas oportunas para solucionar ditos problemas, que están a facer que os traballadores que nestes momentos están nas dependencias da Casa da Cultura non poidan facer o seu traballo nas mellores condicións posibles, e os veciños e veciñas que acoden ós distintos servizos que existen nesta dependencia non son atendidos correctamente. Polo que se pode ver, a falta de organización do equipo de goberno do concello, está levando a situacións de falta de atención e servizos ós veciños e visitantes de Foz”.
Así mesmo, Foz Plataforma de Futuro manifesta tamén “a falta de sensibilidade cos actos Culturais do Concello do equipo de goberno de Foz do PP, pola falta de representación dos seus membros na inauguración da exposición deste xoves pasado, de “Peixes de Tinta e Barro” que se celebrou no Cenima”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



