Ribadeo, 14 de xullo de 2015.- Novo conato de incendio este martes pola tarde nas inmediacións da N-642, na parroquia de Ove. Ata a zona desprazáronse membros de Protección Civil e da Brigada Forestal.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “neste caso o lume localizouse entre a estrada e a vía do tren de Feve”.
Para o rexedor “isto é o colmo. Levamos varios incendios nesta zona, todo apunta a que foron intencionados. As forzas de seguridade están a investigar o sucedido e agardamos que pronto dean co autor ou autores do acontecido e que reciba o castigo que merece”.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



