Riotorto, 7 de xullo de 2015.- O pasado venres celebrouse en Riotorto un pleno extraordinario de constitución do novo goberno municipal que o PP aproveitou para coar unha proposta que exime aos madeiristas do depósito dunha fianza que os comprometa a arranxar os desperfectos que causen nas pistas forestais.
O alcalde Riotorto Clemente Iglesias firmará un convenio coa Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira que rebaixa as esixencias da ordenanza municipal vixente, que obriga aos madeiristas a depositar unha fianza no concello antes de comezar as cortas.
O BNG de Riotorto opúxose a esta proposta, que saiu adiante cos votos dos representantes do PP e mais da concelleira socialista. Os concelleiros nacionalistas criticaron no pleno a posición do novo goberno municipal que pon nas mans da Asociación, como intermediaria, a opción de reparar ou non as pistas, deixando desprotexidos aos veciños e veciñas.
“O alcalde presentouse no pleno cunha proposta co selo da asociación de madeiristas, redactada por eles, deixando ben claro que actúa ao seu dictado, antepoñendo os seus intereses aos dos veciños e veciñas de Riotorto. Dende o BNG, denunciamos a contradición na que cae o goberno do PP. Se non quere esixir a fianza aos madeiristas terá que traer ao pleno unha proposta para derogar ou cambiar a ordenanza municipal vixente. Non imos consentir que tome atallos para devolver favores electorais a costa dos intereses dos veciños”.
A citada ordenanza municipal aprobouse na última lexislatura co apoio de todos os grupos, incluído o PP. A normativa esixe aos madeiristas unha fianza que se devolve se non se producen problemas e os camiños quedan no mesmo estado no que se atopaban antes de sacar a madeira. A maioría dos concellos da Mariña adoptaron resolucións similares nos últimos anos como resposta a unha demanda veciñal moi xeneralizada.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



