Burela, 7 de xullo de 2015.- O Concello estuda permitir que os cans poidan estar durante unhas horas ao día na praia de Penoural, segundo deron a coñecer este martes o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Ben.
O rexedor dixo que “a través da Área de Medio Ambiente estamos procurando facer unha cuestión que é moi reclamada e queremos darlle algún tipo de solución. Para iso estivemos mirando o que se ven facendo noutros lugares con este tema que preocupa a moita xente de Burela, que é poder pasear cos animais de compañía na praia”.
Llano manifestou que “temos tres areais que teñen bandeira azul e por tanto nesas praias xa nin sequera analizamos a posibilidade de permitir o acceso de animais, pero hai outra no centro do pobo, ao lado do porto, que é a de Penoural. E aí é onde vamos procurar facer algo que xa se está facendo noutros puntos. Sería que durante un horario limitado, que se marcaría a través de carteis con avisos na propia praia onde se vai deixar facer isto”.
Llano e Ben sinalaron que “vamos procurar aplicalo xa este verán. Estamos traballando nisto. A Área de Medio Ambiente está facendo todo o posible para establecer esa facilidade de uso para os animais de compañía nesa praia de Penoural, ao igual que ocorre en areais do sur de España, onde se establecen unhas horas á mañá e outras á tarde para este fin”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



