Burela, 13 de xullo de 2015.- O Concello publicará en breve as bases para a contratación das seis persoas que traballarán na brigada anti incendios. Trátase de catro peóns, un condutor e un encargado/a, segundo deu a coñecer este luns o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor dixo que “o Concello de Burela, que está comprometido coa creación de postos de traballo porque o desemprego é un problema que nos preocupa, pois aínda que existan estatísticas que digan que todo isto está mellorando aquí non se detecta tal melloría no aspecto laboral. Por iso un dos nosos maiores intereses é potenciar o emprego e sobre todo o xuvenil. Así que desde o Concello vamos procurar dar o maior número de oportunidades con respecto a este tema”.
Llano lembrou que “en principio xa creamos os postos de socorristas para as praias, servizo no que tiñamos pensado 10 prazas, pero ao final só puideron ser 8 debido a que non concederon subvención para máis prazas que oito; entón houbo que conformarse con estas”.
O alcalde burelés anunciou que “estamos mirando estes días e vamos sacar as bases para unha brigada anti incendios que queremos que empece a funcionar o día 31 deste mes de xullo. Hai 6 prazas, das cales 4 son de peóns, unha é de condutor e outra de encargado ou encargada. Vamos intentar poñer as bases xa a partir de mañá, martes, en exposición pública e tamén o anunciaremos na prensa. E aquela xente que queira optar a estas prazas o único que ten que facer é vir ao Concello e terá a oportunidade de conseguir unha delas”.
Alfredo Llano engadiu que “tamén hai outra praza inmediatamente para un profesor de informática, que xa saíu publicamente e vai estar aberto o prazo ata este xoves. Aquela xente que, de acordo coas bases, poida participar na selección para este profesor de informática pode presentarse. Trátase da persoa que estará na Aula CeMIT do Concello de Burela”.
O rexedor insistiu: “a nosa intención é procurar dar o máximo de oportunidades para o emprego, sobre todo pensando no xuvenil e na aquela xente que leva moito tempo agardando unha oportunidade laboral, e niso estamos. Así que todos os postos de traballo que xurdan a través de plans concertados ou de cooperación ou con plans de emprego propios do Concello procuraremos dalos a coñecer con tempo e desde logo favorecer o máximo posible a redución do paro”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



