Burela, a 7 de xullo de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela asegurou este martes que “o goberno burelés está levando ó concello a unha parálise preocupante xa que a Xunta de Goberno non volveu a reunirse desde a súa constitución e o pleno de organización celebrarase a piques de rematar o prazo legal establecido”.
Os populares consideran ademáis que “o alcalde comenza a demostrar o que realmente é, unha persoa que nunca tén a culpa de nada, como demostrou decindo que a culpa do retraso do pleno de organización era do tempo que lle adica a interventora ó concello”.
Neste senso, o GMP asegura que “se o alcalde tivese feito o seu traballo, e o tivese feito ben, o pleno xa se tiña que ter celebrado como teñen feito a maioría dos concellos e máis ainda naqueles nos que hai un goberno con maioría absoluta. O que pasa é que é mui doado, pero unha enorme irresponsabilidade e moita cara dura, cargarlle a culpa ós funcionarios, cando todos sabemos que o motivo do retraso está nas dedicacións, xa que as dedicacións que se van aprobar non son as que querían varios membros do grupo socialista. Non é lóxico que o primeiro tenente de alcalde non teña dedicación, e resulta sorprendente que a teña o que vai ser concelleiro de Cultura, e que a que será concelleira de Servicios Sociais só teña unha dedicación parcial, tendo en conta o traballo que hai nos distintos ámbitos citados no noso concello. Esto demostra que houbo e hai discrepancias dentro do grupo de goberno, que o alcalde tenta disfrazar culpando ó horario da interventora, persoa da que non dubidamos da súa capacidade. E eso debido á falla de liderazgo do alcalde e á súa incapacidade para coller o toro polos cornos”.
“En relación co posto de intervención, afirma o GMP, o actual alcalde sabía desde a data das eleccións que a anterior interventora se ía do concello o 29 de maio, como así foi, e se lle dixo e se lle reiterou que buscara alguien para o posto, xa que él ía ser o alcalde, e que por parte do equipo saínte se lle asinarían todos os documentos que fose precisos, dado que había cousas urxentes. O Sr. Llano pasou de todo en tanto en canto non tomou posesión, e agora veñen as consecuencias, como o retraso nos pagos, algo que pode levar ó concello a incumplir a Lei de Morosidade”.
Por todo eso o GMP pídelle ó Sr. Llano “que se poña a traballar, que comence a adoptar decisións, e que lle vaia dando axilidade ó traballo do seu equipo de goberno. Ainda que coñecendo ó personaxe moito nos tememos que todo xirará en torno ás apertas, ós saúdos e a tomar un par de cafés”.