Foz, 9 de xullo de 2015.- O día 9 ás 19 h. no auditorio de Vilalba, o colexio Martínez Otero recibiu, de mans do Presidente da Xunta de Galicia, a Distinción ao mérito deportivo 2015, en atención á súa traxectoria deportiva ao longo dos 75 anos da súa existencia.
O galardón foi recollido polo director e adestrador de atletismo, Tono Alonso, e entre o público estaba a nutrida representación do colexio focense: pais e nais, alumnado, exalumnado, e profesorado, nun número de máis de 20 persoas, que non quixeron perderse este momento tan importante na historia do colexio focense e que supón o recoñecemento público a unha labor educativa, a través do deporte, que non sería posible sin a entrega e colaboración desinteresada de profesorado, pais e nais, exalumnos/as e adestradores.