O MIRANTE
Panorama da situación electoral· Xullo de 2015. Asociación de Medios en Galego.
O maior cambio a respecto do mes pasado e o retroceso de Ciudadanos en case dous puntos e medio. Os resultados das eleccións municipais e autonómicas fixeron desincharse a burbulla demoscópica da marca branca do bipartidismo, o que provoca que tanto PP como PSOE retomen folgos e aumenten as súas estimacións. Conxuntamente a Gran Coalición volvería situarse hoxe por riba do 50% do voto, un nivel que perdera en novembro pasado trala acumulación de casos de corrupción á volta do pasado verán.
Podemos pola súa banda parece estabilizado arredor dos 19 puntos porcentuais e arredor dos 70 escanos. As súas estimacións seguen sendo as máis diverxentes de entre todas as forzas políticas, e iso, sumado á súa condición de terceira forza con maior dependencia dos restos no reparto da Lei d’Hondt, provoca que os escanos esperados se movan nun intervalo moi amplo, arredor en todo caso dos 70 escanos.
Dada a correlación de forzas a unión de PP e PSOE mantén potencialmente unha maioría absoluta, pero desde o mes pasado ábrese a posibilidade, de momento máis improbable que probable, pero posible en calquera caso, dunha hipotética maioría absoluta entre PSOE e Podemos. Unha terceira posibilidade de maioría a dúas bandas, PP e Ciudadanos, nunca se materializou nos números e está cada vez máis lonxe.
Entre as forzas minoritarias IU prosegue o seu descenso camiño da marxinalidade, penalizado polo sistema electoral español. Mantén dous únicos escanos coneguidos por ICV-EUiA en Catalunya e que dependen da súa participación nas novas fórmulas electorais ao estilo de Barcelona en Comú. UPyD confirma este mes a súa desaparición definitiva do escenario político estatal.
No bando nacionalista as enquisas destes últimos 30 días foron en xeral favorables para o PNV e Compromís, e desfavorables para o resto. Só Geroa Bai e EH Bildu conserva inalterada a posición de xuño.
O MIRANTE. Panorama da situación electoral · Xullo de 2015 Asociación de Medios en Galego
Carlos Neira Cortizas
Calidonia





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



