Ribadeo, 27 de xullo de 2015.- O parque de San Francisco, na vila ribadense, acolleu este pasado sábado o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo organizado pola asociación Amadores da Música para conmemorar o Día da Patria Galega.
A actuación da banda, dirixida por David Ballester Martínez, foi seguida por numeroso público, que escoitou a interpretación de pezas como The exodus song, de Ernest Gold; a Sinfonía Nº 2 de Andrés Gaos arranxada por Hernán Naval; A Medieval Suite, de André Waignein; Unha noite na eira do trigo, de Xoan Montes; Carrascosa, de Jaime Texidor; Lonxe do mar, de Hernán Naval, e Rapsodia Galega Nº1, de Enrique García Rey.


























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



